Historia de Handan
Pola súa situación próxima ao berce da dinastía Shang foi lugar de asentamentos dende o segundo milenio antes da nosa era. A primeira mención escrita do lugar aparece no tempo das Primaveras e Outonos (719-476 aC) da dinastía dos Zhou Orientais.
Capital de Zhao
[editar | editar a fonte]Mais a súa entrada na historia data do 386 aC, no período dos Reinos combatentes, cando o mandatario Jinghou de Zhao traslada a súa capital á zona, construíndo unha nova cidade.
Inda en pleno estudo arqueolóxico, semella unha interesante aproximación aos principios dos Ritos de Zhou do urbanismo chinés anterior a Changan. Tratábase dunha cidade dobre [1][2]: A menor (ao suroeste da actual) era a cidade palaciana (Zhaowangcheng). Un complexo amurallado con forma de escuadra de máis de 5km2 dividido á súa vez en tres partes. Na occidental unha gran plataforma de 265x285m e 19m de altura contiña o pazo ou castelo (Longtai [3]). Outras plataformas aparecen na parte oriental así coma ruínas de templos [4]. A disposición respectaba unha simetría axial.
A cidade comercial e residencial (Dabei) situábase baixo a moderna. De forma rectangular irregular e 4,8x3,2 km tamén dispuña doutra plataforma de 26m de altura (Congtai, hoxe parque central de Handan) que seica servía para contemplar as paradas de tropas, danzas e outras celebracións. O conxunto de ámbalas dúas cidades albergou a rica actividade económica cultural e política da capital durante 159 anos ata a súa conquista polo reino Qin no 228 aC. Pero durante toda a dinastía Han (206aC-220dC), Handan continuou a seres unha das maiores cidades do imperio, centro de artesanía, comercio, fundición de ferro e fabricación de metais (13,6 km² e 150.000h).
Lento declinar
[editar | editar a fonte]Foi despois, coa época turbulenta cando o colapso dos Han, que Handan comezou a declinares converténdose aos poucos nunha mera cidade de provincias pechada no recinto da vella cidade comercial Zhao [5][6], ata que, trala segunda guerra mundial, o réxime comunista chinés impulsou unha forte industrialización apoiada nos grandes xacementos de carbón da rexión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Traza da cidade dobre, capital de Zhao". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 08 de xuño de 2010.
- ↑ "Idem co detalle da articulación tripla da cidade palaciana". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 08 de xuño de 2010.
- ↑ "A plataforma do pazo ou Longtai". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 10 de xuño de 2010.
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ "Esquema coa cidade moderna sobor da vella". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2013. Consultado o 01 de xaneiro de 2013.
- ↑ Mapa de Handan nas décadas pasadas[Ligazón morta]